2.3. O LUZADA

O Luzada é máis que un bar, é o espazo-ambiente onde todo acontece, onde o planeta todo ten cabida.


Fofografía de Erik Johansson.


36. Hai un parágrafo na novela en que o narrador realiza un retrato dese universo-bar que é o Luzada. Saberías localizar ese texto nas páxinas da novela?

37. O bar non é un espazo diáfano, senón que está poboado de personaxes e elementos que se nos van descubrindo ao avanzar na lectura, de tal xeito que ao final temos unha visión completa da súa decoración. Poderiades facer un debuxo-mural do Luzada?

Fotografía de Horia Barian en Flickr.

38. Mais O Luzada non está pendurado no cosmos senón que, como xa vimos con anterioridade, está situado nun lugar concreto dunha cidade. Onde?

39. De que dúas formas entra o que acontece no exterior no Luzada?

40. Só dúas tres personaxes están dentro e fóra do bar. Cales?

41. Pero O Luzada, como un ente vivo, ten o seu propio pasado. Cal é?

42. Con anterioridade ás Ás de bolboreta de Rosa Aneiros xa outros autores elixiran os bares para situaren as súas creacións.

"Vello é o mundo, e vella é a invención da taberna (ben o dicía o clásico), antecedente de canto viría despois en materia hosteleira. E se de vello vén industria tan gustosa (para taberneiros e seareiros), antanón resulta tamén o recurso a facer virar ao redor dela a todo un mangado de elementos dispostos os seus criadores a tirar deles o maior proveito. Trátese de Emile Zola, A taberna, ou Camilo José Cela, La Colmena (co Café de Doña Rosa como centro e cerne de canto cociñaba na súa lareira, se tal existise, o padronés)."
Vicente Araguas


Convidámosvos a que leades esas obras ou vexades as súas versións cinematográficas.