2.2. A CRONOLOXÍA

Fotografía de daybeezho en Flickr.

31. En que momento cronolóxico podemos localizar a historia?

32. Segundo vaiamos lendo imos ir tentando determinar en que anos se poden desenvolver os acontecementos que teñen lugar no Luzada. Para iso deberedes actuar como auténticos detectives e non deixar pasar ningunha pista.
Elaborade argumentos para ratificar ou refutar as seguintes localizacións temporais:
–    No século XIX:
–    No século XX:
–    Na primeira metade do século XX:
–    Na segunda metade do século XX:
–    No ano 2001?
–    O dato de que Roberto foi ao concerto de Fito & Fitipaldis e escoitou unha determinada canción sérvenos para situar cronoloxicamente os feitos? Cando situaría a historia?  

33. Rosa Aneiros non se contentou só con facer un libro para ler senón que tamén quixo que os lectores e as lectoras tivesen que ser participativos e para iso ofreceulles unha especie de adiviña a través da numeración que precede a cada capítulo como se da combinación secreta dunha caixa forte se tratase. Seredes vós capaces de descifrar o significado deses números?

34. Elaborade en grupo a orde dos capítulos se se tratase dunha historia lineal.

35. O paso das horas no Luzada vén marcado por dúas clases de elementos: 
- O tipo de clientela do local e das persoas que pasan pola rúa. 
- O tipo de produtos consumidos pola clientela. 
Elaborade colaborativamente unha táboa na que vaiades recollendo exemplos dos dous tipos de elementos.
Unha vez teñades elaborada a táboa, analizade se, atendendo a este aspecto, podemos cualificar a obra como un exemplo de realismo detallista ou non.