Fotografía de daybeezho en Flickr.
31. En que momento cronolóxico podemos localizar a historia?
32. Segundo vaiamos lendo imos ir tentando determinar en que anos se poden desenvolver os acontecementos que teñen lugar no Luzada. Para iso deberedes actuar como auténticos detectives e non deixar pasar ningunha pista.
Elaborade argumentos para ratificar ou refutar as seguintes localizacións temporais:
– No século XIX:
– No século XX:
– Na primeira metade do século XX:
– Na segunda metade do século XX:
– No ano 2001?

– O dato de que Roberto foi ao concerto de Fito & Fitipaldis e escoitou unha determinada canción sérvenos para situar cronoloxicamente os feitos? Cando situaría a historia?
33. Rosa Aneiros non se contentou só con facer un libro para ler senón que tamén quixo que os lectores e as lectoras tivesen que ser participativos e para iso ofreceulles unha especie de adiviña a través da numeración que precede a cada capítulo como se da combinación secreta dunha caixa forte se tratase. Seredes vós capaces de descifrar o significado deses números?
34. Elaborade en grupo a orde dos capítulos se se tratase dunha historia lineal.
35. O paso das horas no Luzada vén marcado por dúas clases de elementos:
- O tipo de clientela do local e das persoas que pasan pola rúa.
- O tipo de produtos consumidos pola clientela.
Elaborade colaborativamente unha táboa na que vaiades recollendo exemplos dos dous tipos de elementos.
Unha vez teñades elaborada a táboa, analizade se, atendendo a este aspecto, podemos cualificar a obra como un exemplo de realismo detallista ou non.
Unha vez teñades elaborada a táboa, analizade se, atendendo a este aspecto, podemos cualificar a obra como un exemplo de realismo detallista ou non.