2.1. A XEOGRAFÍA

(clica na imaxe para vela ampliada)

Neste libro hai toda unha xeografía mundial, pero cómpre andar espelidos para non perder detalle.

27. Propoñémosvos que ao longo da lectura vaiades localizando nun mapa do mundo as diferentes referencias xeográficas que contén o texto. 
Podedes levar a cabo esta actividade de varias maneiras: 
- Sobre un só mapa do mundo en tamaño grande que se debería pendurar na parede ou nalgún taboleiro.
- Con aplicacións informáticas como ikiMap (na imaxe) que vos permite traballar colaborativamente.

28. Que podemos ler na páxina 9 que nos serve para situar a acción en España?

29. Se che preguntamos onde se desenvolve a historia, de seguro dirás que en Compostela. Pero, de onde tiras esa conclusión? Recompila elementos textuais que ratifiquen esa localización xeográfica.

30. Rescatade a imaxe final ao rematar a lectura do libro. Que vos suxire esa imaxe en relación coa interpretación da novela?