Quays e Layla

Persépole en Wikimedia Commons.
 
69. No capítulo 7 insírese unha antiga lenda persa, a historia de amor entre Quays e Layla. Investiga cal é a diferenza entre un conto e unha lenda.

70. Esta lenda é de Persia. Que era Persia? Onde estaba?

71. Cando o pai de Layla lle nega a man da súa filla a Majnún, o mozo tolea ata unha total degradación como ser humano. Como nos describe o narrador este proceso?

72. Son moitos os escritores e as escritoras de todas as épocas que ao longo da historia usaron a literatura para expresar o sentimento de amor ou de desamor.
“Na soidade das dunas de arena, Majnún compuxo fermosos poemas para a súa amada.” (p. 59)
Realizade unha compilación que levará por título Grandes poemas de amor da historia, nela recolleredes composicións salientables tanto galegas como da literatura universal. Tamén recolleredes outros tantos poemas de amor feitos por vós. 
Logo realizaredes un podcast no que recitaredes cada un deses poemas alternando os famosos e os vosos.
Por ultimo, tamén podedes facer unha votación para saber cal é para vós o mellor poema de amor da historia.

73. Participade nos concursos de Lingua de @mor e/ou mirade o material elaborado polos participantes doutras convocatorias.
74. “Majnún foi ficando só. O amor, o deserto e mais el. Sós.” (p. 63)
Nestas palabras temos un exemplo de intertextualidade, isto é, dun elemento dunha obra literaria que remite a outro texto tamén literario.
A que época, obra e autor da literatura galega fan referencia estas palabras?
A intencionalidade do expresado é a mesma neste caso que no orixinal?

75. Un dos grandes temas da literatura e do cine amoroso de todos os tempos é o dos "amores imposibles". 
“A súa lealdade mutua agasalloulles o ben da eternidade compartida. Polos séculos dos séculos, a lapa do amor de Layla e Majnún alumea os sentimentos dos amantes imposibles.” (pp. 64-65)
Recompilade exemplos de filmes de historias de amor imposibles ou con dificultades (con ou sen final feliz). Logo recollede de cada película a ficha técnica, un resumo do argumento e o cartaz para realizar unha exposición no instituto ou na rede a través dunha das vosas páxinas.