Fotografía de Carlos Adampol en Flickr.
48. A Sra. Lola utiliza “como se fósemos cans”, a expresión “tratar como un can a alguén” significa tratar unha persoa con dureza, severidade ou desprezo. Na lingua hai moitas expresións que teñen que ver cos cans.
- A can fraco todo se lle volven pulgas.
- Aburrirse coma un can.
- Can ladrador nunca foi trabador.
- Can que vai a moitas vodas non pode comer en todas.
- Estar sen un can.
- Levarse coma o can e o gato.
- Liscar/Marchar corrido coma un can.
- Meu can pillou unha mosca.
- Morrer coma un can.
- Morto o can, desaparece a rabia.
- Non importarlle un can.
- Non soltar can.
- Non valer un can.
- Outro can na merenda.
- Pasa, can!
Investigade o significado destes exemplos e logo inventade e representade situacións reais da lingua nas que se poderían utilizar.