3.2. Valoración despois de ler

Fotografía de ydhsu en Flickr.

133. Suxire outros títulos que lle poderían acaer á novela e que recollan o seu espírito.
 
134. Busca no libro os dous textos ou páxinas que máis che gustasen para logo compartilos cos demais. Coincidiches con algún compañeiro ou compañeira na elección?
 
135. Cal é a personaxe que máis che gustou? Por que? E a que menos? Por que? Dentro do grupo hai coincidencias entre as personaxes que gustaron máis e menos? A que credes que se debe isto?
 
136. Cales son os principais valores que defende a autora a través da novela?
 

Fotografía de Horia Varian en Flickr.

137. Realiza a túa valoración persoal dando tres argumentos como mínimo. Logo contrastaremos en grupo as diferentes valoracións e a coincidencia ou diverxencia nos argumentos.

138. Agora ofrecémosvos citas textuais de críticas aparecidas sobre o libro, lédeas en alto e reflexionade sobre se concordan ou non coas valoracións feitas por vós.

"Malia a súa aparente disparidade, todos eles son náufragos do desarraigo, exiliados, á forza, da terra ou de vida."
Dolores Martínez Torres

"Tamén podería ser un libro para lectores de toda caste, próximo ao realismo de sempre, selado con ese carimbo das boas intencións que só un estilo vigoroso pode soportar. Rosa Aneiros teno."
Vicente Araguas

"Boa parte da maxia do texto de Rosa Aneiros para cativar coa mesma eficacia a adultos e mozos reside no seu carácter calidoscópico e plural."