Mostrando postagens com marcador despois de ler. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador despois de ler. Mostrar todas as postagens

3.3. Recreación despois de ler

Para rematar suxerímosche cinco actividades de recreación.


140. Ponlle imaxes e voz á novela. (realización tanto individual como grupal)




Propoñémosvos que elixades unha das historias da novela e lle poñades imaxes coa aplicación Vuvox. Podedes incluír na presentación fragmentos de texto e tamén incluír vínculos a materiais asociados que vos suxira a historia.
Agora podedes convertervos en contadores de historias do século XXI e a  semellanza de como se facía noutrora nos cantares de cego, iredes contando a vosa historia ao tempo que ides amosándolles aos demais as imaxes, sons e vídeos escolleitos.
Logo podedes colgar as vosas producións na rede.


141. Métete a narrar. (realización individual)

Fotografía da Wikimedia.

Anúnciase a publicación de Ás de bolboreta II e ti es a persoa responsable de escribir esa segunda parte. 
Que pasa no teu libro? 
Como continúas a historia? 
Prepara o teu argumento para expoñelo oralmente durante dous minutos. Houbo algunha coincidencia entre os argumentos que propuxestes todos ou as vosas continuacións da historia son diferentes?

142. Metédevos a facer guións. (realización en parellas)


Fotografía de matiasc en Flickr.

Unha multinacional do sector dos videoxogos anda á procura guionistas para os xogos do seu novo modelo de videoconsola. Como teñen milleiros de candidatos e candidatas decidiron realizar un proceso de selección creativo. Van contratar as autoras e autores que sexan quen de escribir o mellor capítulo piloto dunha nova aventura. Os requisitos colgados en inglés na súa páxina web son os seguintes:
1 – Entrega do primeiro capítulo dunha nova serie, o material debe ser inédito.
2 – Argumento base: un ou unha adolescente está nun lugar público rodeado de xente e comeza a imaxinar a historia persoal de cada unha das persoas que alí se atopan.
3 – Nese capítulo deben aparecer como mínimo catro personaxes de diferentes características.
4 – Extensión mínima 3000 caracteres contando os espazos.

143. Metédevos no mundo do cine. (realización en grupo)


Fotografía de LupisSM en Flickr.

E se nos metemos a cineastas? Agora en grupo podemos realizar unha curtametraxe baseada na novela. Tedes que elixir entre dúas opcións:
Opción A: A vosa curta vai estar dedicada só ás personaxes que protagonizan unha das historias da novela.
Opción B: A vosa curta vai abranguer só un momento desa mañá no Luzada e por ela vai pasar o maior número de personaxes posible.

3.2. Valoración despois de ler

Fotografía de ydhsu en Flickr.

133. Suxire outros títulos que lle poderían acaer á novela e que recollan o seu espírito.
 
134. Busca no libro os dous textos ou páxinas que máis che gustasen para logo compartilos cos demais. Coincidiches con algún compañeiro ou compañeira na elección?
 
135. Cal é a personaxe que máis che gustou? Por que? E a que menos? Por que? Dentro do grupo hai coincidencias entre as personaxes que gustaron máis e menos? A que credes que se debe isto?
 
136. Cales son os principais valores que defende a autora a través da novela?
 

Fotografía de Horia Varian en Flickr.

137. Realiza a túa valoración persoal dando tres argumentos como mínimo. Logo contrastaremos en grupo as diferentes valoracións e a coincidencia ou diverxencia nos argumentos.

138. Agora ofrecémosvos citas textuais de críticas aparecidas sobre o libro, lédeas en alto e reflexionade sobre se concordan ou non coas valoracións feitas por vós.

"Malia a súa aparente disparidade, todos eles son náufragos do desarraigo, exiliados, á forza, da terra ou de vida."
Dolores Martínez Torres

"Tamén podería ser un libro para lectores de toda caste, próximo ao realismo de sempre, selado con ese carimbo das boas intencións que só un estilo vigoroso pode soportar. Rosa Aneiros teno."
Vicente Araguas

"Boa parte da maxia do texto de Rosa Aneiros para cativar coa mesma eficacia a adultos e mozos reside no seu carácter calidoscópico e plural."

    3.1. Resumo despois de ler

    Fotografía da Wikimedia.

    132. Resume oralmente a novela en dous minutos. Esta é unha actividade na que traballarás o discurso oral planificado, isto significa que antes de pronunciar o teu resumo deberás preparalo. Para isto ten en conta os seguintes aspectos: nun papel fai un esquema previo para elixir ben o que vas dicir, fíxate en que a túa linguaxe debe ser correcta, por último practica na casa para medir ben o tempo. É importante que ensaies diante dun espello así poderás traballar tamén a túa linguaxe non verbal (posturas, acenos...).