O avó e o neto


(Esta é unha presentación Vuvox, unha aplicación que permite compartir contidos multimedia (vídeos, fotos e música). Recomendámosche deixala cargar completamente andes de comezar a moverte por ela. Podes clicar no play e ver como ela soa se despraza, mais tamén podes marcar ti o ritmo de desprazamento movéndote por riba co rato polos extremos dereito e esquerdo da ventá da aplicación ou clicando co rato e arrastrando.)


60. Se tiveses que describir fisicamente ao avó de Manuel, como o describirías? E a Manuel?

61. Que trazos caracterizan a personalidade do avó de Manuel? E a do neto?

62. Sabemos desde o comezo da obra que Manuel é un neno adoptado? Cando o descubrimos? Dise ás claras no texto ou é unha información suxerida? Por que?


63. Pola boca de que personaxe descubrimos que a nai de Manuel está morta. De que maneira?

64. Onde vive o señor Manuel? Iso dise nalgún momento na novela?
Gústalle o lugar onde vive? Por que o sabes?
Como describe o señor Manuel ese lugar?
Onde vivía antes?
Imaxina que es o señor Manuel. Escribe como sentes ese desarraigo das persoas da aldea que cando son anciás teñen que deixar a súa casa para ir vivir á cidade.

65. A nai de Manuel poñíalle o DVD no coche. Dividídevos en dous grupos. Imos realizar un debate improvisado sobre a conveniencia ou non de levar este aparello no automóbil.
Durante 10 minutos cada grupo deberá preparar os seus argumentos, tanto a favor como en contra.
Logo, ao chou, decidirase que posición vai defender cada grupo e comezará o debate.
Tamén podedes gravar o debate en vídeo e logo analizar se as vosas intervencións responden ás normas formais que se deben respectar nun debate.

66. Con que xogos se entretén Manuel? Que xogos lle propón o seu avó?
A que xogan os teus avós? E ti?
A que podedes xogar en común?
Teus avós ensináronche algunha vez a xogar a algún xogo? A cal?
E ti? Ensinácheslles a eles a xogar a algún xogo? A cal?
Coñeces algún xogo tradicional?
Forma parte da túa vida o xogo?

67. Manuel é un neno que grazas a un proceso de adopción cruzou a liña que separa o lado pobre do mundo do lado rico e converteuse nun neno con varios zapatos fronte aos seus compañeiros que ían descalzos. Se queres afondar máis no problema da pobreza en África, convidámoste a ler Níxer.


Níxer (2010) é unha publicación de carácter benéfico que recolle a viaxe que Francisco X. Fernández Naval (escritor), Camilo Franco (escritor e xornalista), Alfonso Costa (pintor) e Moustapha Bello Marka (escritor nixerino residente en Zinder) realizaron a ese país africano para nos contar a beleza e as traxedias do país máis pobre do mundo.
 
68. Máis alá da historia, outras historias (actividades de oralidade e de recreación coa presentación Vuvox)